Chegamos xa ao final deste curso 2023/2024 e desde o Equipo Erasmus+ queremos recoller nesta publicación un resumo das principais actividades levadas a cabo durante este ano. Para comezar, dicir que este curso será lembrado por ser o primeiro ano no que se conseguiu que o alumnado participase por primeira vez nas mobilidades, viaxando a Uppsala (Suecia) como observadores da actividade musical que se realiza na Uppsala Kulturskola.
Por primeira vez, tres dos nosos alumnos de 5º e 6º de Grao Profesional, Candela Teijeira, Helena Fernández e Andrea Cangeri viaxaron á cidade de Uppsala, en Suecia, e visitaron xunto co noso Xefe de Estudos, Javier González, a Uppsala Kulturskola vivindo unha inesquecible experiencia. Deixamos nesta publicación a reportaxe de prensa que lles fixo o Atlántico Diario antes de viaxar ao país nórdico.
Tamén queremos facer unha meción as principais actividades levadas a cabo neste curso 2023/2024 por parte do equipo Erasmus+, índa que podedes atopar toda a información detallada na “memoria” elaborada pola coordinadora Sara Peral. Así queremos destacar as seguintes actividades:
- “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional 2023”. (Setembro 2023)
- Organización e celebración dos “ErasmusDays 2023”. (Outubro 2023)
- Convocatoria de mobilidades para profesorado e por primeira vez alumnado. (Novembro 2023)
- Participación no Podcast “Contos da Miñoca” explicando o Proxecto Erasmus+ (Novembro 2023)
- Reunións telemáticas para organizar as mobilidades e curso co experto invitado, preparación de documentación pertinente, publicacións no blog e redes sociais, elaboración de notas de prensa e difusión… (Durante todo o curso 2023/2024)
- Visitas preparatorias para organizar as mobilidades (Decembro 2023)
- Formación Previa para alumnado e profesorado seleccionado para disfrutar das mobilidades (Decembro 2023 e Xaneiro 2024)
- Mobilidades profesorado e alumnado (Entre Febreiro e Abril 2024)
- Presentación do proxecto Erasmus+ no SEPIE de cara ao curso seguinte (Febreiro 2024)
- Curso co Experto Invitado André B. Silva (Marzo 2024)
- Acollida de profesorado visitante de Uppsala (Marzo 2024)
- Preparación do programa nº12 “Contos da Miñoca” onde participou o alumnado desde Uppsala (Abril 2024)
- Organización e celebración da 2ª Edición de “Raíces Europeas” e do “Concerto polo Día de Europa” (Maio 2024)
- Elaboración da Memoria Final do Proxecto Erasmus+ KA121 2023/2024 (Maio e Xuño 2024)
- Celebración de “Mesa Redonda” co profesorado e alumnado que disfrutou das mobilidades do proxecto KA121 2023/2024 para facer unha posta en común das experiencias vividas (Xuño 2024)
Deixa unha resposta