Como xa sabedes, entre os días 14 e 19 de Outubro celebramos os ErasmusDays no Cmus Profesional de Vigo, coa participación do Equipo Erasmus+ e toda a Comunidade Educativa do noso centro.
As actividades que se levaron a cabo durante eses días foron as seguintes:
- Luns 14 de Outubro: Estrea do vídeo de presentación sobre os ErasmusDays, resumo das actividades do curso pasado e presentación das actividades deste novo curso 2024-2025 organizadas desde o Equipo Erasmus+ dentro do novo proxecto KA121: 2024-1-ES01-KA121-VET-000214287. O vídeo, realizado pola nosa compañiera Virginia Lis, estreouse na televisión do hall de entrada e tamén na canle de Youtube. Podedes velo en publicacións anteriores neste blog.
- Martes 15 de Outubro: lembramos, tamén na televisión do hall de entrada, o Podcast “Contos da Miñoca” que o noso compañeiro Cristian Silva gravou o ano pasado co alumnado que disfrutou das mobilidades Erasmus+, estando eles en Uppsala, Suecia. Este vídeo tamén está na canle de youtube de “Contos da Miñoca”.
- Mércores 16 de Outubro: estreamos o vídeo-entrevista sobre a experiencia Erasmus+ do noso alumnado, no que Candela Teijeira e Helena Fernández respostaron ás preguntas que lles fixemos. Tedes o vídeo dispoñible en publicacións anteriores.
- Xoves 17 de Outubro: neste día celebrouse unha xornada informativa para alumnado, familias e profesorado, onde se lles explicou o procedemento para participar no programa Erasmus+ solicitando mobilidades e se desvelaron os destinos para este curso 2024-2025. Este ano, 6 alumnos ou alumnas terán a sorte de poder viaxar a Kokkola, en Finlandia. O prazo de presentación de solicitudes lembrade que está xa aberto!
- Venres 18 de Outubro: último día de celebración dos ErasmusDays, no que se ofreceu unha xornada informativa sobre o proxecto Erasmus+ para este curso 2024-2025 para o profesorado do centro, e revelamos os destinos deste ano que serán Bolonia (Italia), Portimao (Portugal) e unha mobilidade internacional a Tirana (Albania). O prazo de solicitudes está tamén xa aberto, e tedes toda a información nas publicacións anteriores neste blog.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das Xornadas informativas para profesorado e alumnado, a modo de resumo. Desde o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo queremos agradecer tamén á Dirección do Centro o seu apoio e confianza neste proxecto que tantas ledicias trae e que tanto aporta a nivel educativo para formar ao noso alumnado e profesorado. Non podemos estar máis satisfeitas!!
Nas fotos podemos ver a Virginia Lis (Membro do equipo E+), Sara Peral (Coordinadora E+) e Helena Fernández (unha das alumnas que viaxou a Uppsala o curso pasado disfrutando dunha mobilidade E+); na foto do centro, o alumnado que saíu premiado con merchandising Erasmus+ no sorteo celebrado durante as Xornadas informativas para alumnado, familias e profesorado; e nas últimas fotos de esquerda a dereita temos a Virginia Lis, Sara Peral, Carmen Carreiras (Vicedirectora), Aine Veloso e Óscar Davila (profesorado do Cmus Profesional de Vigo que disfrutou de mobilidades a Loulé e Parma respectivamente, o curso pasado) falando nas xornadas informativas para profesorado.
Deixa unha resposta