Os días 17 e 18 de Outubro, dentro dos ErasmusDays 2024, e dentro do proxecto KA121:2024-1-ES01-KA121-VET-000214287, celebramos no Cmus Profesional de Vigo unhas Xornadas Informativas para alumnado, familias e profesorado, nas que explicamos como funciona o Proxecto Erasmus+ no noso centro, como presentar solicitudes para poder disfrutar de mobilidades e desvelamos tamén os destinos para o curso 2024-2025 para alumnado e profesorado. Ao rematar estas Xornadas, os asistentes cubriron as respectivas enquisas e aquí amosamos os resultados.
Desde o Equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo estamos bastante satisfeitas cos resultados, pero tamén somos conscientes de que podemos mellorar, atendendo a algunhas demandas por parte do alumnado, familias e profesorado, tratando de explicar cada vez mellor o funcionamento do noso proxecto, e facilitando así a presentación de solicitudes.
As enquisas constaban de tres preguntas, cunha valoración entre 1 e 5 puntos sendo 1 moi mal e 5 moi ben. As 3 preguntas trataban de reflexar o nivel de satisfacción sobre a sesión informativa, sobre a información ofrecida e sobre a resolución de dúbidas. Aquí vos deixamos os resultados nun documento adxunto:
Deixa unha resposta