Hoxe mércores día 13 de novembro, foron publicadas as listaxes definitivas dos/as candidatos/as admitidos/as no proceso selectivo relativo ás mobilidades Erasmus+ tanto de profesorado como de alumnado, que terán lugar nos vindeiros meses con destino a Bolonia (Italia), Portimao (Portugal), Tirana (Albania) e Kokkola (Finlandia) este último para alumnado.

Para protexer os datos dos/as participantes na rede, estas listaxes poderán ser consultadas exclusivamente no taboleiro Erasmus+ do CMUS (frente á entrada da aula magna e o backstage do auditorio).

Calqueira consulta sabedes que tedes ao voso dispor aos membros do Equipo Erasmus no enderezo email erasmus.cmusvigo@gmail.com.

Por outra banda, a Comisión de Selección xa está constituida, con dous membros do equipo Erasmus+, CSara Peral como presidenta e Baldomero Barciela como secretario, e un membro voluntario do claustro que é o profesor de percusión David Outumuro. Dita comisión reunirase entre o 18 e o 22 de novembro. Estade atentas e atentos ás novas que vaian xurdindo sobre o proceso selectivo!