Os medios de comunicación da nosa cidade difundiron durante estes días a inauguración do curso escolar 24-25 do CMUS Profesional de Vigo, que coincidiu coa celebración dos ErasmusDays.
Durante estes días o equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo levou a cabo diferentes actividades dentro da celebración dos ErasmusDays, que se fai a nivel internacional. Entre estas actividades destacan especialmente as xornadas informativas para alumnado, profesorado e familias sobre as mobilidades proxectadas para este ano dentro do Programa Erasmus+ KA121 2024-2025.
Estamos moi agradecidas desde o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo pola colaboración de medios de prensa como o Faro de Vigo e o Atlántico Diario, que sempre tratan de deixar un espazo para difundir na axenda as nosas actividades.
Aquí vos deixamos algúns enlaces ás diferentes noticias:
Deixa unha resposta