Onte, Xoves día 9 de Maio, celebráronse varias actividades no CMUS Profesional de Vigo para commemorar o “Día de Europa”.
Por unha banda, ás 18 horas no xardín do conservatorio, prantamos unha árbore “gingko biloba” para contrinuir a fomentar un dos valores do Proxecto Erasmus+, a sostenibilidade. Asistiron a esta actividade, ademáis dos membros do Equipo Erasmus+, moitos dos participantes das mobilidades do proxecto deste ano, profesorado e alumnado, e tamén parte da comunidade educativa.
Nas fotos que podedes ver a continuación, destacamos tamén a participación do departamento de Música Tradicional, coa alumna Andrea Cabaleiro, que interpretou varias pezas para abrir os discursos a cargo do Secretario Ángel Montes e da Coordinadora Erasmus+ Sara Peral, e tamén mentres prantábamos a árbore.
Por outra banda, ás 19 horas celebrouse un concerto no Auditorio David Russell, onde alumnado do centro de diferentes cursos interpretaron pezas de compositores e compositoras europeos. Queremos agradecer ao profesorado Nerea Rodríguez, Oscar Rodríguez, Patricia Cadaveira, Edita Shulmann, Sara Peral, Maider Ordozgoiti, Daniel Pereira, Virginia Lis, Gonzalo García, Javier Escobar, Diego Ventoso, Cristian Silva, Antonio Rodríguez e José Pons a súa implicación no concerto co seu alumnado, así como ao Equipo de Actividades do CMUS Profesional de Vigo a súa colaboración na organización do evento.
A continuación adxuntamos o programa do concerto co alumnado participante, así como as pezas interpretadas, e tamén podedes velo clicando no vídeo, xa que foi retransmitido en Streaming coa axuda do profesor Antonio Rodríguez. Tamén vos deixamos algunhas fotiños que puidemos tomar mentres disfrutábamos das maravillosas interpretacións do noso alumnado. Desde o Equipo Erasmus+ queremos felicitar aos alumnos e alumnas que participaron por facernos disfrutar durante máis dunha hora de música.
Deixa unha resposta