Óscar Davila Mariño Profesor de trompa, música de cámara, Banda de Jazz e saídas profesionais da música (optativa) do Cmus Profesional de Vigo, participou desde o 16 ao 20 de abril de 2024, xunto co profesor Ramón Cabezas, na mobilidade Erasmus+ dentro do proxecto KA121 2023-2024 do Cmus Profesional de Vigo, a través da observación (job-shadowing) de estudos no Conservatorio Superior de Música “Arrigo Boito” de Parma (Italia), e deixanos escritas as súas reflexións sobre a experiencia vivida, xunto con algunhas fotos.

En palabras do propio Oscar:

“Esta mobilidade permitiume adquirir competencias lingüísticas en Italiano, a oportunidade de impartir docencia de trompa nun conservatorio superior extranxeiro, coñecer novo repertorio de trompa para aplicar no Grao Elemental, saber utilizar estratexias didácticas para memorizar partituras, así como coñecer actividades de “ear training” de distintos profesores internacionais no congreso  “Sentiamoci a Parama 2024”.

“Parma é unha típica cidade italiana coa sua catedral e baptisterio, atravesada por  un rio, moi tranquila, moi plana, con moitos espazos verdes e por suposto cun queixo moi bo, o parmesano.”