O noso alumnado Candela Teijeira, Helena Fernández e Andrea Cangeri, xa están en Uppsala visitando a Uppsala Kulturskola, acompañados polo noso Xefe de Estudos Javier González Lamas, dentro das actividades do programa Erasmus+ KA121 2023-2024.
Según contan Candela, Andrea, Helena, e o noso Xefe de Estudos Javier, chegaron cansados pero tiveron moi boa acollida. Están facendo un programa intenso de visita de distintas clases e todo está a ser moi interesante e moi ben organizado.
Tamén están encantados coa comida da cantina e coa bonita amizade que está xurdindo. Parece que esta experiencia vai quedar moi gravada nas vidas do noso alumnado e profesorado.
Queremos agradecer desde o equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, a todo o profesorado da Uppsala Kulturskola, o seu grande traballo, e en especial ao noso querido Angus Keay.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños que nos envían e pronto seguiremos contando máis novas desta bonita aventura:
Deixa unha resposta