O Equipo Erasmus do CMUS Profesional de Vigo participa nas III Xornadas de Ensinanzas de Réxime Especial: Oportunidades de internacionalización nas ensinanzas de réxime especial en Santiago de Compostela
Estas xornadas, celebradas no CMUS Profesional de Santiago e organizadas pola Consellería de Educación, reuniron os pasados 25 e 26 de Outubro a diferentes membros dos equipos Erasmus + de diversos centros de ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas, coa intención de explicar e poñer en común as experiencias destes centros en materia de internacionalización.
As xornadas consistiron en diferentes ponencias, obradoiros e intervencións musicales ao longo dos dous días. O día 25, unha das ponencias correu a cargo do equipo Erasmus do noso centro. A Coordinadora Erasmus, Sara Peral, a vicedirectora Carmen Carreiras e Virginia Lis, como cabezas visíbeis do conservatorio coa Acreditación Erasmus+ mellor valorada de España en 2021, representaron ao CMUS de Vigo, explicaron as actividades realizadas e grazas á súa experiencia deron non poucos consellos dos que se poderán beneficiar os equipos Erasmus doutros centros de ensinanzas artísticas.
Deixamos aquí algunhas fotos da actividade.
Deixa unha resposta