Comezamos o curso 2024-2025 con enerxías renovadas e moitas novidades que pouco a pouco iremos desvelando. Estade atentas!

O Equipo Erasmus+ durante este curso 2024-2025 estará formado por Sara Peral, como a nosa Coordinadora, Baldomero Barciela como responsable de soporte técnico, Ángel Montes, Secretario do centro, Carmen Carreiras, Vicedirectora, e Virginia Lis, Cecilia Martínez e Isabel Figueroa, profesoras do centro que completan o equipo.

Se o curso 2023-2024 foi memorable por ser o primeiro ano no que o noso alumnado disfrutou dunha mobilidade Erasmus+ a Suecia, neste curso que comeza ademáis de mobilidades de profesorado e alumnado, teremos visitas de profesorado estranxeiro no noso centro, que estamos preparando con moita ilusión para tender novas pontes de aprendizaxe, convivencia e amizade.

Para que todas estas novidades sexan posibles, as nosas compañeiras Sara Peral e Virginia Lis non descansaron nin no verán, acudindo ás xornadas “Erasmus+: El Camino de la Formación Profesional hacia una Europa más sostenible” do National VET Team Spain organizadas polo SEPIE que tiveron lugar en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xullo. Foron unhas xornadas moi interesantes nas que únicamente asistiron tres conservatorios de España, e como non, o CMUS Profesional de Vigo non podía faltar.

Iremos informando de todas as novidades, estade atentas ao noso blog e redes sociais!!