A nosa Coordinadora Erasmus+ Sara Peral asistiu ás “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Proyectos acreditados KA121 VET”, actividade que tivo lugar do 23 ao 25 de Setembro en Ceuta.

O pasado 23 de Setembro, Sara Peral desprazouse ata Ceuta para a súa participación nestas xornadas en representación do CMUS Profesional de Vigo. Ademáis da convivencia e o traballo en común con coordinadores Erasmus doutros centros acreditados, tamén houbo tempo para coñecer un pouco a cidade e mesmo para experimentar medios de transporte pouco habituais!

Como sempre, agradecer ao SEPIE pola boa organización destas xornadas, a amabilidade recibida e o interese dos contidos traballados. Tivemos a honra de representar a un dos 16 conservatorios profesionais de música e danza acreditados e nos sentimos felices de termos participado neste proxecto.

Aquí vos deixamos un vídeo e algunhas fotos a modo de resumo destes días de intenso traballo e lecer para que vós mesmos o poidades comprobar.

De esquerda a dereita: Sara Peral, Coordinadora Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, María Gómez Urtueta, Directora da Unidadade de Formación Profesional y Europass, SEPIE, Héctor Guerrero, Coordinador Erasmus+ do Conservatorio Profesional Arturo Soria de Madrid e Alejandro Florentino López, Xefe de Servizo do KA1, Unidade de FP, SEPIE
Coordinadores de conservatorios profesionais de música de Palencia, Valencia, Arturo Soria de Madrid, Ciudad Real, Torrent e Vigo
Foto de Sara Peral coa Coordinadora Erasmus+ do CMUS Profesional de Música de Ciudad Real, Blanca Samper