Entre os días 11 e 13 de Novembro, Loulé (Portugal) acolleu este Encontro Internacional Erasmus+, Seminario Music and Dance for Europe, que reuniu a 18 Escolas e Conservatorios Oficiais de Música Europeos, provintes de 7 países diferentes.

Máis de 40 profesores e profesoras participaron neste evento promovido polo Conservatorio de Música de Loulé-Francisco Rosado, onde o curso pasado dúas compañeiras do CMUS Profesional de Vigo estiveron en visita de Job Shadowing.

A nosa Coordinadora, Sara Peral, foi a expoñer e explicar o noso proxecto e presentar o noso centro e tamén a coñecer futuros posibles socios para poder organizar as mobilidades dos seguintes cursos, xa que neste encontro cada centro tivo a oportunidade de presentarse e explicar o seu programa e os seus puntos de vista. O Seminario foi unha plataforma única para que o profesorado de música e danza de distintas nacionalidades puidesen compartir e falar das súas experiencias e boas prácticas no marco do Programa Erasmus+, na formación tanto de música como de danza, co propósito de formar cada vez mellor ao noso alumnado tanto en música como en danza, pero sen esquecer os valores do Proxecto Erasmus+.

Ademáis os participantes tamén visitaron os Conservatorios de Música-Francisco Rosado de Loulé e o Conservatorio Regional do Algarve-Maria Campina de Música e Danza en Faro.

Os centros participantes neste encontro foron:

España:

  • Conservatorio Oficial de Música de Amendralejo-Tomás Bote Lavado
  • Centro del Profesorado, Sevilla
  • Conservatorio Profesional de Música de Bollullos-Antonio García Herrera
  • Conservatorio Profesional de Música de Sevilla-Francisco Guerrero
  • Conservatorio Profesional de Música Costa del Sol, Fuengirola, Málaga
  • Conservatorio Profesional de Música Victoria de los Ángeles, Madrid
  • Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Francia:

  • College François Ponsard, Vienne
  • Conservatoire de Musique et Danse de Vienne
  • Lycée Ella Fitzgerald de Vienne

Alemaña:

  • Goethe-Schule-Harburg, Hamburgo
  • Leibnizschule, Frankfurt

Italia:

  • Liceo Scientifico, Musicale e Coreutico Guglielmo Marconi, Pesaro.
  • Liceo Musicale e Coreutico “Augusto Passagli”, Lucca

Letonia:

  • St. Brooks Music Secondary School, Daugavplis

Estonia:

  • Tallin School of Music and Ballet

Portugal:

  • Conservatorio de Música e Artes de Lagos
  • Conservatorio Regional do Algarve-Maria Campina, de Faro.

Desde o CMUS Profesional de Vigo, queremos agradecer profundamente ao Conservatorio Francisco Rosado (Loulé) a acollida e a boa organización deste encontro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da experiencia que vivíu Sara Peral:

A nosa Coordinadora, Sara Peral, presentando o noso Proxecto Erasmus+ e o noso centro.

Os participantes no Seminario Music and Dance for Europe nas escaleiras do Conservatorio de Loulé-Francisco Rosado.