Dona Ana Ortiz e Don César Pérez Ares, Delegada Territorial da Xunta de Galicia e Xefe Territorial de Educación respectivamente, estiveron de visita este mércores día 17 de abril no CMUS Profesional de Vigo, e felicitaron ao noso centro por obter a acreditación Erasmus+ e por ser o proxecto mellor valorado no ano 2021, obtendo así a validez desta acreditación ata o ano 2027.

En palabras da propia Dona Ana Ortiz, como amosan os enlaces de prensa que deixamos a continuación e o propio instagram da Delegada Territorial “É un orgullo para todos nos que o proxecto Erasmus+ do CMUS fose o mellor valorado de toda España no ano 2021 e que acadase unha acreditación que terá validez ata o ano 2027”.

Tamén, desde o Equipo Erasmus+ se lle fixeron propostas coa fin de acadar melloras e conseguir máis proxección de cara ao futuro.

O Equipo Erasmus+ está moi agradecido pola visita e o interese da Delegada Territorial e o Xefe Territorial da Xunta de Galicia no noso proxecto e no noso centro.

Histórico Medios de Comunicación:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/000949/ana-ortiz-felicita-direccion-conservatorio-profesional-musica-vigo-tras-converterse

https://www.diarioluso-galaico.com/articulo/cultura/conservatorio-profesional-musica-vigo-primero-galicia-acreditacion-erasmus/20240417174131045164.html

https://vigohoy.es/ana-ortiz-felicita-a-la-direccion-del-conservatorio-profesional-de-musica-de-vigo-tras-convertirse-en-el-primero-de-galicia-con-acreditacion-erasmus/