Onte, mércores 20 de Decembro, tiveron lugar as primeiras xornadas formativas dentro do proxecto KA121 2023-2024. Nesta ocasión dedicadas á formación lingüística en Italiano e Portugués.
Como podemos apreciar nas fotos, asistiron a estas xornadas algúns dos compañeiros e compañeiras que disfrutarán das mobilidades de Job-Shadowing en Parma (Italia) e Loulé (Portugal), e tamén algún compañeiro que se uniu á formación polo gusto de aprender.
Nestas Xornadas Formativas Lingüísticas traballáronse conceptos básicos como saúdos, presentacións, normas de cortesía, etc.
Lembrámosvos que a seguinte sesión formativa terá lugar o mércores 10 de Xaneiro sobre consellos prácticos de viaxe e culturais do país de destino, e a última será o 17 de Xaneiro e será a formación lingüística en inglés. Estades todos invitados e invitadas!
Deixa unha resposta