Virginia Lis, membro do equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo, visita o Conservatorio de Lugano (Suiza), para preparar a mobilidade para o profesorado do noso centro.
Na ponte de decembro, Virginia visitou o Conservatorio della Svizzera Italiana, na cidade de Lugano, situada no cantón do Ticino, ao Sur de Suiza, coa fin de preparar a mobilidade que no mes de febreiro, entre os días 6 e 10, fará a profesora de frauta María del Mar Bel Borja.
Entre outros membros do conservatorio, reuniuse co Coordinador de Relacións Internacionais, Hernando Florez, e a Encargada Administrativa de secretaría académica, Martina Verzasconi, para elaborar un detallado plan de visita e que así a nosa compañeira, profesora de frauta, poida aproveitar ao máximo os días de visita.
Lembramos que para o profesorado que vai disfrutar das mobilidades, e tamén para o resto do claustro que queira participar, a formación previa lingüística comezará a próxima semana, sendo o día 20 de decembro, en horario de 10 a 12 da mañá, onde se impartirá un curso básico de italiano e inglés.
Deixámosvos a continuación algunhas fotos da visita de Virginia Lis a Lugano.
Deixa unha resposta