O pasado día 13 de xuño tivo lugar a entrega de premios do Concurso Erasmus+, a través do cal se conseguíu poñer logo e sintonía á nosa Acreditación Erasmus+.
Entre as actividades de difusión que ven realizando o o programa Erasmus+, destaca o Concurso Erasmus+ mediante o cal, a través da categoría Logo e a categoría Sintonía, ponse imaxe e música á nosa Acreditación Erasmus+, válida até o ano 2027.
A convocatoria deste concurso foi realizada o pasado mes de maio e, por fin, o pasado martes día 13 de xuño coñecimos os/as premiados/as de entre 7 participantes cos que contou esta edición.
Ás 18h, no Auditorio David Russel tivo lugar o acto de entrega de diplomas a todos/as os participantes, presentado pola Vicedirectora do centro e membro do Equipo Erasmus. Ademáis, contou co discurso doutro membro do equipo, Ángel Montes, que ademáis formou parte do tribunal avaliador.
A comisión avaliadora foi configurada por tres membros: un deles, membro do Equipo Erasmus+ (Ángel Montes), outro pertencente ao Departamento de Composición (Ramón Cabezas) e, por suposto, a Coordinadora Erasmus+, Sara Peral.
Grazas a todos e a todas as participantes por formar parte deste evento e por deixar a vosa pegada no proxecto Erasmus+. Dende o Equipo Erasmus+ aproveitamos para decirvos que moi pronto o alumnado comezará a beneficiarse das mobilidades Erasmus+ do CMUS: estade ben atentos para mantervos ao día das novidades!
Deixa unha resposta