Entre os pasados días 13 e 17 de febrero, os nosos compañeiros Carmen Carreiras, Ángel Montes e Virginia Lis visitaron la Uppsala Kulturskola para realizar as actividades de aprendizaxe por observación programadas no proxecto Erasmus+ do presente curso.
O luns 13 de febreiro comezaba a aventura para os tres compañeiros do CMUS Profesional de Vigo. Alí en Uppsala lles estaría esperando Angus Keay, o responsable de relacións internacionais e coordinador do programa Erasmus+ do noso centro de acollida, que ademáis de organizar pormenorizadamente a nosa axenda, estivo acompañándonos en todo momento.
As actividades incluidas nas tareas de job-shadowing abarcaban dende a asistencia a clases de instrumento (principalmente das especialidades dos docentes visitantes: piano, clarinete e trombón), clases grupais de teoría, de música xeral nas escolas da contorna, de ensemble, jazz band, etnomusicoloxía e, por suposto, se puideron realizar varias reunións co equipo directivo e diversos xefes de departamento (por exemplo, piano acompañante) para comprender da mellor maneira a xestión burocrática, económica e personal do centro.
Unha das actividades máis chamativas foi a asistencia a un gran concerto matinal, do cal sefixeron 4 funcións na mesma xornada, que contou con máis de 4000 nenos e nenas no público, provenientes dos colexios da cidade de Uppsala, incluídos aqueles centros ubicados nas localizacións máis desfavorecidas da ciudade.
En aquelas ubicacións da cidade cuxa poboación conta con menos posibilidades e recursos, a Kulturskola implantou o programa de “El Sistema” basado no programa de acción social creado en Venezuela hai unhas décadas para promover a inclusión dos nenos e nenas máis desfavorecidos/as. Foi implantado a raíz da presencia do destacado director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel na Orquestra Sinfónica de Gotemburgo.
A Uppsala Kulturskola, ademáis de clases de música tamén imparte leccións doutras artes: pintura, danza, teatro e escritura creativa, especialidades nas que tamén participaron os docentes convidados.
Deixa unha resposta