A nosa compañeira Gloria Rodríguez visitou, xunto aos nosos compañeiros Ramón Cabezas e Berta Fresco, o Conservatorio de Música Evaristo Felice dall’Abaco, en Verona, entre os dias 20 e 24 de marzo.
Non se pode estar máis agradecida, unha experiencia enriquecedora sen dúbida! Para calqueira dos tres docentes participantes foi o noso primeiro Erasmus+, do cal quero destacar algún dos seus moitísimos pontos positivos:
O Conservatorio de acollida está ubicado en Verona, cidade que acolle a quen non é dalí, porque trátase dunha cidade multicultural pola chea de turistas que ali pasan a cotío, pero que ainda así mantén a súa esencia italiana. A xente é atenta e moi traballadora, notamos que disfrutan co seu traballo e que adoran
acoller a persoas doutros países, ainda que o dominio doutras linguas non sexa o seu forte. Notamos agarimo pero tamen libertade no senso de que non sentimos en ningún momento control, ou sexa, é verdade que o planning era bastante esixente, pero non sentimos presión en ningún momento, todo corría de xeito natural e distendido.
En relación ao conservatorio, destacar que o edificio é unha preciosidade perfectamente ubicada, debe o seu nome en 1952 a Evaristo Felice Dall´Abaco, violinista e violonchelista ademáis de compositor nacido en Verona no ano 1675. O edificio é o palacio Giuliari, que está pegado á histórica basílica de Santa Anastasia (século XIII). Orixinalmente era o conxunto conventual da basílica, radicalmente transformado a principios do século XIX coa actual fachada diseñada en 1810 polo arquitecto Bartolomeo Giuliari. Dende 1964 contan cunha segunda sede, a Casa Boggian, pero ainda así a todo, o espazo lles queda pequeno para os seus 550 estudantes.
Ofrece estudos superiores de diversas especialidades instrumentais, canto, música antiga, composición, música electrónica, dirección e dende hai pouco, tamen musicoterapia.
O profesorado consegue facerche sentir ben, porque aposta pola internacionalización a todos os niveis educativos. Observamos que o alumnado presta moito interés nas aulas e tenden a participar bastante nas mesmas e a levar feitas as tarefas con mimo. Tamen a xestión do centro é impecable e moi ben coordinada porque o persoal non docente traballa a reo e fai que constantemente alguén de fóra se sinta ben acollid@.
Por suposto non podo deixar de mencionar a boa relación que establecimos @s tres profesor@s que compartimos este Erasmus+, Berta Fresco, Ramón Cabezas e eu, que cada día falábamos da nosa experiencia con detalle, xa que cada un de nós asistíamos a aulas diferentes, máis adecuadas ao noso perfil e intereses.
E para rematar quixera compartir con vós o que máis me emocionou desta experiencia Erasmus+, charlar co profesor de musicoterapia Prof. Caneva, quen me explicou que nesa especialidade traballaban en hospitais con pacientes de diversa índole, axudándolles a superar ás súas enfermidades a través da
música; e charlar coa profesora Erica Nobis, contratada polo goberno por solicitude do director do Conservatorio, quen mostrou un enorme corazón traballando máis do que lle corresponde para poder sacar adiante ao alumnado con problemas de inclusión.
Grazas programa Erasmus+ por existir, grazas Virginia Lis pola túa implicación para facilitarnos esta relación establecida, e sobretodo, grazas Sara Peral por facer posible que este programa forme parte do noso CMUS Vigo.
Gloria RG
Deixa unha resposta