Joâo Pontes Araújo, pianista portugués especializado en música de cámara, será o experto convidado este curso 2022-2023. Impartirá masterclasses de piano e música de cámara entre os días 11 e 13 de abril. A data límite para anotarse será o xoves 23 de marzo de 2023.
João Araújo é un pianista portugués que, esencialmente, adica a súa carreira á música de cámara. Realiza o Máster en Interpretación de Piano Acompañamento no Royal College of Music de Londres, onde é becado por dita institución e gradúase con distinción. Alí estudou con profesores como Simon Lepper, Nigel Clayton e Roger Vignoles,
Anteriormente, conclúe a Licenciatura de Piano na ESMAE, Porto, estudando na cátedra de Madalena Soveral e o Máster de Ensinanza de Música na Universidade do Minho con Luís Pipa.
A súa recente actividade como pianista acompañante levouno a obter importantes premios como o Premio de Best Collaborative Pianist no Concurso Internacional de Música de Montreal (Canadá, 2018), o Premio de Mellor Pianista Acompañante no Maureen Vocal Awards no Wigmore Hall en Londres e unha nominación para o Gerald Moore Award en Reino Unido.
Acompañou masterclasses de músicos tales como Dame Kiri Te Kanawa, Padcal Moraguès, Simon Keenlyside, Zuill Bailey, Edith Wiens, Johannes Goritzky, Graham Johnson, entre moitos outros. Mentras, como solista, frecuentou masterclasses con músicos da talla de Boris Berezovsky, Roger Muraro e Josep Colom.
A súa actividade como pianista acompañante levouno a salas de concerto tales como o Wigmore Hall, Cadogan Hall, Regent Hall, Southbank Centre, en Londres e en festivales como o Oxford Lieder Festival (Reino Unido), Schubertiade Espace 2 (Suíza, retransmitido pola Radio Televisión Suiza) e o Festival Internacional de Música de Póvoa de Varzim (Portugal).
No ámbito orquestal, João colaborou con diversas orquestas, especialmente en Londres, contactando con compositores como Steve Reich e David Lang (estreno da súa obra Increase no Reino Unido). En 2016-17 foi seleccionado para a BBC Symphony Orchestra Pathway Scheme.
Actualmente, João é pianista acompañante na Universidade de Aveiro, Portugal, onde acompaña as especialidades de canto, corda e trompa. Paralelamente, mantén unha actividade concertista regular con músicos tales como Julien Van Mellaerts, Virginia Lis, Carolina Rocamora, entre moitos outros.
O profesorado anotará en Conserxería ao alumno/a ou grupo de alumnos/as na hora que lle conveña. Respectarase rigurosamente a orde de inscrición.
O horario no que serán impartidas as masterclasses será o seguinte:
MARTES: de 10:50 a 13:40 e de 16:00 a 20:00 horas.
MÉRCORES: De 10:50 a 13:40 e de 16:00 a 20:00 horas.
XOVES: De 10:50 a 13:40 horas. Ás 18:30 horas levarase a cabo un recital de clausura a cargo do Experto e docentes de diversas especialidades do CMUS. Ademáis, se fará a entrega de diplomas aos participantes.
O curso é gratuíto e exclusivo para profesorado e alumnado do CMUS Profesional de Vigo. O acceso e libre en calidade de oínte para todo docente ou estudiante do CMUS.
Deixa unha resposta