O pasado 13 de decembro Carmen Carreiras (Vicedirectora) e Sara Peral (Coordinadora Erasmus+) asistiron ao evento anual organizado polo SEPIE.

A Xornada, que tivo lugar o pasado 13 de decembre de 2021 no Teatro Real de Madrid, volveu a celebrarse novamente de forma presencial e foi retransmitida en streaming. 

Diferentes poñentes, tanto do Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) como representantes de diversos centros educativos, expuxeron os resultados 2021 e novidades Erasmus+ para o 2022, así como os novos retos a afrontar no programa, que o próximo ano celebrará o seu 35 aniversario.

A gala, presentada por Antolín Romero, contou coa participación de Escena Erasmus da Universidade de Valencia, quen enriqueceu o evento coa súa música e representacións teatrais. 

Asimesmo, a xornada concluiu co acto de entrega de Recoñecementos á calidade de proxectos Erasmus+ 2021 en tódolos eidos educativos. 

¡Foi todo un placer haber tido a oportunidade de acudir persoalmente ao evento! Regresamos con novas ideas, información actualizada e moitas gañas de continuar a nosa andadura Erasmus+.