O venres 14 de outubro o CMUS Profesional de Vigo uniuse á celebración dos Erasmus Days levada a cabo en centos de centros educativos de toda Europa.
Como viñemos anunciando os pasados días, o CMUS Profesional de Vigo quixo organizar hoxe, venres 14 de outubro, unha charla informativa a cargo dalgúns dos membros do Equipo Erasmus do CMUS. Estivo dirixida a todo o claustro e compartíronse as experiencias vividas nas mobilidades do pasado ano a Portugal e Italia, déronse os detalles máis destacables da convocatoria do presente ano, as características do baremo de méritos que será empregado para o proceso selectivo e outras curiosidades das mobilidades que levaremos a cabo no presente curso, como por exemplo, por fin foro revelados os 3 destinos das mobilidades deste curso: Italia, Suecia e Costa Rica!
Cabe destacar que a charla foi moi ben valorada polos participantes e moitos deles nos transmitiron que a información aportada os/as motivou para comezar os trámites da solicitude de participación no proxecto.
Ademáis, ao longo de todo o día foi proxectado no hall do Conservatorio un vídeo-presentación sobre a recentemente obtida Acreditación Erasmus KA120. No mesmo, compartirase tamén a experiencia das mobilidades realizadas por tres profesoras do CMUS o pasado ano (Carmen Carreiras, Isabel Gómez e Sara Peral) e se amosouse información relativa ás mobilidades que se realizarán este curso 2022-2023. Grazas a este vídeo, o alumnado tamén coñeceu a natureza do programa e aparecieron xa os/as primeiros/as interesados/as nas posibles mobilidades de estudantes que poida haber nos próximos anos.
Para quen non poidese asistir á charla, aquí queda o vídeo-resumen publicado na nosa canle de Youtube:
Grazas por acompañarnos e amosar tanto interese neste proxecto!
Deixa unha resposta