Os nosos compañeiros do Equipo Erasmus+, Carmen Carreiras e Ángel Montes, ao mesmo tempo vicedirectora e secretario do CMUS, visitan a Uppsala Kulturskola para poñer en marcha as 3 mobilidades de profesorado que terán lugar o vendeiro mes de febreiro de 2023.
Alí, o coordinador Erasmus da Uppsala Kulturskola, Angus Keay recibiu aos nosos colegas cos brazos abertos e unha grande ilusión por ayudarnos no noso proxecto. Nestes días, será o encargado de darlles a coñecer as instalacións da escola, as especialidades impartidas, así como os horarios nas que son impartidas, para comezar a definir as actividades que levarán a cabo os tres docentes que serán os afortunados de visitar este conservatorio sueco no vindeiro mes de febreiro.
Desde aquí desexamos que se empapen da cultura sueca e que traian grandes ideas para planificar as actividades de job-shadowing das mobilidades Erasmus do presente curso.
Deixa unha resposta